Wednesday 24 de April de 2024

A unidade de inspección técnica de ciclomotores chegará a Cariño o 10 de febreiro, mentres que a de doazón de sangue fará o propio o 11 de xaneiro


· A primeira estará situada na Casa de Oficios de 9:00 a 13:30 horas; a segunda estará situada na estrada xeral, diante da Farmacia, en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde.

A unidade de inspección técnica de ciclomotores chegará a Cariño o día 10 de febreiro, cuxo emprazamento será a Casa de Oficios, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Para solicitar cita previa, pode facerse no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web www.sycitv.com.

O 11 de xaneiro, as veciñas e os veciños que desexen doar sangue, poderán facelo na unidade móbil que se situará na estrada xeral, diante da Farmacia, en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde.

Cabe lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de comer, é recomendable esperar un mínimo de 2 horas para poder facelo, así como levar consigo a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.